As asociacións campesiñas da comarca de Bergantiños durante a II República española. A Unión Mutualista Campesiña de Corcoesto.

1234.jpg
Asociacións campesiñas na II República española.

“Facer o campo alegre, feliz e productivo; con todos, por todos e para todos”.

O 5 de marzo de 1932 D. Manuel Martínez Pérez, depositaba no Goberno provincial de A Coruña, na calidade de presidente, o Regulamento da  Asociación de campesiños de Corcoesto.

A Asociación chamada “Unión Mutualista Campesiña de Corcoesto” tiña o seu domicilio provisional na casa de D. Manuel Varela Martínez, veciño do lugar de Cures, en Corcoesto.

Esta asociación formaría parte da Asociación federativa agropecuaria Unión Mutualista Campesiña de A Coruña e a súa provincia.

O obxecto da entidade ao abeiro do artigo 3º. era agrupar a todos os agriculturores afiliados á Asociación Unión Mutualista Campesiña de A Coruña, veciños da parroquia de Corcoesto, sin distinción de sexos, xa fosen propietarios, colonos ou cultivadores agrícolas de profesión.

Entre os seus principios destacaban a cooperación e apoio mutuo, a mellora e desarrollo da agricultura e da mellora das condicións de vida dos campesiños, xestionar a desgravación ou exención de arbitrios, impostos e calquer outra clase de gabelas, que puidesen gravar aos agricultores de modo contraproducente para a agricultura e o seu desarrollo.

A norma procuraba a máxima capacitación profesional dos seus integrantes, para que polo valor das súas aptitudes, asegurar o tributo íntegro do seu propio traballo “…ensanchando así el camino hacia la prosperidad de vivir la vida dignificada libre de ajena férula usuraria”.

Segundo o artigo 3º.8 do regulamento, outro dos fins da entidade era loitar infatigablemente contra a rotura individualista, “que inhibe y anula la práctica de toda solidaridad para cuanto signifique obra de bienestar o de progreso agrícola”.

A entidade estaba especialmente interesada en intensificar toda acción favorable a elevar o nivel de cultura da muller rural e campesiña, capacitándoa para desarrollar a alta misión e influencia que lle correspondía exercer no seo do fogar e na explotación da riqueza agropecuaria e os seus derivados.

En canto ao carácter da asociación non pertencería esta a partidos políticos nin confesionais, ostentando os seus socios a liberdade de elección en relación a súa confesionalidade. A entidade de tendencia intervencionista, procuraría conseguir a súa lexítima representación en todas as esferas xurídicas e da prosperidade dos intereses agrícolas, para lograr a realidade do lema da Asociación Unión Mutualista Campesiña: Facer o campo alegre, feliz e productivo; con todos, por todos e para todos.

Para o sostemento da Sección e da Asociación federativa, cada asociado contribuiría con unha cota mensual non superior a cincuenta céntimos de peseta mensualmente, e como cota ordinaria. Podería a Sección adquirir inmobles para os seus servicios sociais e admitir os donativos dos seus socios ou simpatizantes para o cumprimento dos seus fins sociais.

Para adquirir a condición de socio era indispensable obter o ingreso previo como afiliado na asociación e non ser rexeitado, con causa xustificada pola maioría dos socios da sección parroquial.

A soberanía social residía na asemblea plenaria de afiliados da asociación federativa; e, en nome desta, no interreno de unha a outra asamblea, na Comisión permanente de acordo co Consello Directivo. Deixaba a salvo a total autonomía da Sección de Corcoesto en cantos casos peculiares e propios da súa xestión como sociedade parroquial en canto se rexía con autonomía.

A administración da Sección era levada a cabo por unha Xunta Administrativa composta por un presidente, un vicepresidente, un secretario, un vicesecretario, un tesoureiro, un contador e un vogal por cada grupo de vecindade que tiña a parroquia.

As Xuntas xerais ordinarias celebrábanse todos os últimos domingos de cada mes, as da directiva era unha mensual e as extrordinarias cando así o solicitasen cinco membros da xunta administrativa ou dez asociados en activo, xustificando a necesidade da súa celebración.

As asociacións campesiñas foron creadas ao abeiro do artigo 39 da Constitución de 1931 que garantía o dereito de asociación. Os españois podían asociarse ou sindicarse libremente para os distintos fins da vida humana, conforme ás leis do Estado. Os sindicados e asociacións tiñan a obriga de inscribirse no Rexistro público correspondente. Este dereito sería fortalecido posteriormente coa Lei de reforma agraria de España de 1932, que fomentaba as asociacións de campesiñado como unha forma de loitar contra a desiguladade social no campo.

En decembro de 1931 xa nacera “La amistad, sociedad agrícola de Langueirón, asociación mutualista”, e en xaneiro dese mesmo ano facíao a “Defensa del labrador, sociedad agrícola, asociación mutualista de Ponteceso”. En xaneiro de 1933 nacía “La vecinal agrícola de Cereo, asociación mutualista” e “La Justicia, sociedad de ganaderos, asociación mutualista de Coristanco”.

Na cabeceira da comarca, en Carballo nacía “La Verdad, sociedad agrícola, asociación mutualista”.

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s