A importancia pasada do río Anllóns: desde as pesqueiras aos muíños fariñeiros.

 

13939488_1147897215249642_6979662283565611324_n.jpg
Cauce do río Anllóns.

Existen testemuñas documentais dabondo para acreditar a importancia histórica do río Anllóns no desenvolvemento da vida das comunidades ribeireñas. Así existen referencias numerosas ás canles de peixes, isto é, pesqueiras ou lampreeiras, para a pesca das lampreas do río.

Tamén a toponimina referencia a presencia destas construcións ao longo do río. Así temos o topónimo Lamprieira, Lampreeiras, Gándara das Lampreeiras…etc.

Unha pesqueira é unha construción, feita nun río, aproveitando un lugar natural, xeralmente un rochedo, de tal forma que o conxunto se habilita para a pesca, ou sexa en base a un muro ou varios, derívase a auga para un portillo estreito, no que se axusta unha rede especial para pescar  principalmente  lamprea pero tamén o salmón, o sable e outros peixes. Na súa construcción tiveron moito que ver xente que entendía as correntes dos ríos e eran grandes canteiros.

Estas redes que se axustan entre os poios chámanse viturón ou vutrón.

4444.png
Monte aberto da Boutureira, Armada e Monte Vixía. Camiño do Muíño, na parroquia veciña de Langueirón, Ponteceso. Abaixo da ponte, Os Pasos.

Os muíños de río presentan dous tipos fundamentais: os de rodicio coa roda motriz horizontal, que son os máis antigos e abundantes e os de bruia coa roda motriz vertical, que son máis recentes e se coñecen co nome de aceas. O muíño destinado ó trigo denomínase muíño albeiro.

No século XVIII eran ben coñecidos os muíños de Diego Varela e a acea de Alonso de Lema, situados ás beiras do Anllóns.

Construída na mesma canle dun río, a acea permite que a forza da corrente mova directamente unha roda hidráulica vertical de paletas, que a través dun sistema de engrenaxes (catalina e lanterna), e de embragues, transmiten o movemento de xiro do eixe horizontal da roda ó eixe vertical dunha pedra de moer.

11111111111111111.png
Camiño ao vello muíño da Vitureira.
Anuncios

1 Comment

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s