A Secretaría Xeral de Igualdade pregunta aos departamentos que dirixen Francisco Conde e Xosé González, polos impactos que está a ter o Plan sectorial eólico e que terá o futuro Plan forestal de Galicia, para as mulleres galegas

A petición de tres asociacións da comarca de Bergantiños, entre as que se atopa a asociación ambiental e cultural Petón do Lobo, a Secretaría Xeral de Igualdade, máximo órgano en materia de igualdade da Xunta de Galicia, ubicado na Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, preguntará á Consellería de Economía, Emprego e Industria sobre os impactos, positivos e/ou negativos que está a ter o Plan sectorial eólico para as mulleres en Galicia e a necesaria comparativa en relación aos homes.

Tamén terá que responder a esta cuestión a Consellería de Medio Rural, que dirixe Xosé González Vázquez.

A pregunta está baseada no artigo 5 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Segundo o citado artigo e en aplicación da transversalidade, coa dobre finalidade de promover a igualdade e eliminar as discriminacións entre mulleres e homes, a Xunta de Galicia integrará a dimensión da igualdade de oportunidades na elaboración, execución e seguimento de todas as políticas e de todas as accións desenvolvidas no exercicio das competencias asumidas de conformidade coa Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia.

A propia Memoria xustificativa do Plan sectorial eólico vixente determina que:

“El contenido esencial de los Planes Eólicos Estratégico se centra fundamentalmente en tres puntos: un plan de investigación eólica, un programa de inversiones y programa de actuaciones industriales”.

Agora cómpre determinar, en que medida as mulleres de Galicia se beneficiaron ou se están a beneficiar dese plan de investigación eólica, do programa de inversións e de actuacións insdutriais, ben directa e/ou indirectamente, e en que medida os impactos foron iguais e/ou similares para os homes, e sobre todo, en que medida as mulleres e os homes resultaron persoas beneficiadas polo potencial eólico do territorio galego, en que aspectos, se o beneficio foi maior ou menor para un ou outro sexo, e as medidas de seguimento, correctoras, compensatorias…etc, establecidas pola Administración, no seu caso.

Do mesmo xeito deberá avaliarse o impacto das políticas económicas establecidas no resto dos plans sectoriais de Galicia, e en concreto, no futuro Plan forestal de Galicia, no que pese a incidir nun sector no que hai gran número de mulleres propietarias e/ou produtoras, sen embargo, garda absoluto silencio sobre dos impactos que a norma vai a ter tanto para o colectivo de homes como de mulleres en Galicia.

77
A transversalidade, a maneira de corrixir as desigualdades de xénero na elaboración, execución e seguimento das políticas públicas

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s