Non interesa a boa xestión dos montes galegos

https://www.youtube.com/watch?v=E93KWsMqYGs

O 20 de febreiro de 2019 a asociación Petón do Lobo, a través de Ismael López, denunciou que a Xunta de Galicia malgastou os fondos FEDER -Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional- destinados á prevención de riscos e á xestión de incendios forestais no periodo2014-2020, subliñando ademais a falta de transparencia do Goberno galego no referente á información sobre superficies queimadas e aos custos dos plans de extinción de incendios. Dende o ano 2009 a Xunta só informa á poboación cando os incendios xa calcinaron máis de 20 hectáreas, un dos motivos polos cales, malia a que os datos oficiais falan dun menor número de incendios, a superficie queimada é maior que en anos precedentes. As propostas sobre as que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo tiña que posicionarse eran manter aberta a petición pedindo máis información ás autoridades galegas e/ou estatais a fin de investigar esta situación e organizar unha visita de europarlamentarias/os a Galiza para comprobar in situ o que está a pasar, ou pechar a petición. Esta decisión someteuse ao voto dos/as eurodeputados/as presentes.

O deputado galego do Partido Popular Francisco Millán Mon e o grupo de eurodeputadas/os do Partido Popular votaron en contra de que esta petición ficara aberta. Malia a que distintos grupos políticos votaron a favor da mesma, ao ter maioría o PP logrou cubrirlle as costas á Xunta ante unha posíbel investigación da Unión Europea sobre os verdadeiros motivos que fan que Galiza arda ano tras ano.

IMG_20170915_161656
Hai demasiados intereses especulativos sobre o monte galego, que oscurecen e tratan de obstaculizar calquer boa xestión que puidera garantir a súa biodiversidade e resiliencia, fronte o cambio climático

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s