Pedra Baneira (ou baleira)

As pedras a través dos seus nomes poden indicarnos as características dun lugar, da súa historia, da cultura…etc. Neste caso a pedra Baneira fai referencia precisamente ás características dese lugar en concreto, no que hai unha peneda grande e baleira, sen vexetación algunha nen sementes. Fai referencia por tanto a un chan pétreo e ermo, empobrecido, que non se pode cultivar.

Trátase dunha paisaxe granítica ubicada a unha altura de 358 metros sobre o nivel do mar no lugar de Baneira, na parroquia de Silvarredonda (Cabana de Bergantiños).

Este afán de poñer nomes as pedras deriva dos pobos celtas e da importancia que tiveron noutros tempos como símbolo do sagrado, como lugar de culto a deuses pagáns. Por algo din que Galicia é un lugar de pedras máxicas.

En todas as parroquias de Galicia hai unha ou varias pedras míticas. A Igrexa na Idade Media intentou cristianizar estes lugares. De aí que moi preto esté a capela de Sta. Margarida de Baneira, aínda que no caso da pedra Baneira, en aparicencia o nome só describise as características do chan.

Pedra Baneira
Pedra Baneira na parroquia de Silvarredonda
9
Pedra Baneira na parroquia de Silvarredonda
baneira
Pedra Baneira na parroquia de Silvarredonda

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s