Este tempo que pasa… A falsa acacia de Sta. Mariña do Remuíño

img_20180113_153634

Son unha falsa acacia (Robinia pseudoacacia).

Levo aquí en Sta. Mariña do Remuíño moitos, moitos anos. Xa vin arder a antiga carballeira a finais do século XIX e nacer a que está agora, que foi plantada polas veciñas e veciños de Corcoesto.

Son tan lonxeva que o meu tronco é vello, torcido e áspero…, e esta primaveira nalgunhas das miñas pólas non medraron follas.

Son unha especie invasora. Gústanme os lugares soleados para medrar. Son unha especie moi rústica, lonxeva e resistente.

As miñas follas son imparipinnadas, é dicir os foliolos colócanse de maneira oposta ou alterna no raquis con un foliolo ao final do mesmo, polo que o seu número é impar.

Son unha árbore caducifolia, de gran resistencia e rápido crecemento.

Presumo de ser unha das primeiras árbores que chegou ao continente europeo desde os Estados Unidos. A miña madeira emprégase na carpintería pero tamén son unha árbore ornamental. Probablemente cheguei a Corcoesto na época da minería inglesa e prantáronme neste campo, preto da bocamina máis importante para os estranxeiros.

A escasos metros está o monte das Pedras de Sta. Mariña, un enorme túmulo megalítico, desfeito en parte. Abaixo o Anllóns devaga cara a central hidroeléctrica e en fronte, no que noutrora era un louridal, medran plantacións.

Este era terreo de loureiros e carballeiras. Así alomenos o reflicte a microtoponimia, mais hoxe non son significativos nesta paisaxe. Vivo nunha carballeira que forma parte dunha importante área paisaxística, así recoñecida no Catálogo das Paisaxes de Galicia: o val fluvial do río Lourido entre as parroquias de Cereo, Corcoesto e Valenza.

Preocúpame o paso do tempo, o cambio climático, o quecemento global e a manchea de eucaliptos que hai nestes montes. Tamén me preocupa o descoidada que está esta carballeira…

Alguén deixou que unha liña de alta tensión agraviara esta paisaxe…

Xunto o cruceiro, a carballeira e o río Anllóns son do máis fermoso que podes ver na Carballeira de Sta. Mariña de Corcoesto!

IMG_20190419_173657
Falsa acacia na carballeira de Sta. Mariña do Remuíño

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s