Roteiro polo val fluvial do Lourido: tras os 46 dólmenes célticos de Cudeiro – Corcoesto. Fonte: Eduardo Pondal, ano 1874

Roteiro polo val fluvial do Lourido. Área de Especial Interés Paisaxístico (AEIP) Val fluvial do Lourido: tras os 46 dólmenes célticos de Cudeiro– Corcoesto.  Fonte: Eduardo Pondal, ano 1874.

1.- Saída da encrucillada da Rega, no lugar de Baralláns, en Corcoesto, que leva ás chousas de Socorro e Selma.

Quenes eran Socorro e Anselma (Selma)? Historia de Socorro e Selma. Cando os montes tiñan nomes de mulleres.

2.- Bordeamos o Chans da Fontán e visitamos Pedra Grande. Seguimos polos Chans e a Palitroqueira.

3.- Entramos en Cudeiro.

4.- Bordeamos As Casillas para chegar ao Petón do Lobo.

Análise da toponimia do lugar: Casillas, Petón do Lobo, Chousas Vellas e Chousa do Muíño.

5.- Retrocedemos ata Roza Vellas e Auga Levada.

Na busca da Cova Crea (a orixe). Historia da Cova Crea.

6.- Pasamos polo Polvorín e Chinchón.

7.- Chegamos a Monte Furado.

8.- Seguimos o camiño que leva a Monte Pedroso.

Visita ao marco de Monte Pedroso, un fito de aproximadamente 1.3 metros de altura.

9.- Chegada a Sta. Mariña do Remuíño. Visita ao monte das Pedras de Sta. Mariña.

11.png
Roteiro polo val fluvial do Lourido. Área de Especial Interés Paisaxístico (AEIP) Val fluvial do Lourido: tras os 46 dólmenes célticos de Cudeiro– Corcoesto.  Fonte: Eduardo Pondal, ano 1874.

 

A noticia chamada “Apuntes acerca de la época céltica en Galicia” publicada no Diario de Santiago, un martes 21 de xullo de 1874, e asinada coas iniciais E.P., facía referencia a 46 dólmenes célticos “arruinados” situados no monte de Cudeiro e a 1 ou 2 ubicados en Cardezo, na parroquia de Corcoesto, augas abaixo do río Anllóns.

A noticia indicaba:

“Nuestro amigo Eduardo Pondal  ha tenido la amabilidad de confiarnos su cartera, de entre la cual entresacamos curiosísimos datos, acerca de los monumentos de una raza que, por la oscuridad que envuelve su origen, casi podemos llamar pre-histórica.

Si nuestro amigo fuese imitado en sus investigaciones por los hombres de talento o de juicio de nuestros distritos y provincias, no haría á buen seguro tan espinosa tarea de historiador, que apenas cuenta con más datos que la observación particular para saber á que atenerse con respecto a los monumentos célticos en Galicia. Publicamos pues con verdadera satisfacción los apuntes del Sr. Pondal. Helos aquí: En el monte de Codeiro, cerca de Corcoesto hay 46 dólmenes célticos (arruinados).

En el camino de Corme a Brantuas, sobre la vertiente que desciende del faro á esta última parroquia, unos seis o siete. En el que conduce de Tella á Tallo, en un parage inculto, como unos ocho.

Dos en Carballo; uno en una chousa que está al Norte del pinar llamado Labarta, y otro, en la altura de Miron. Dos en Borneiro, camino de Vilaseco á Fontefría; otro cerca de Iñaño (Cabana), otro, camino de Brantuas á Carballido yendo por la dehesa del Rey.

Ocho ó diez en el monte de Tella, llamado de la Mina, y en el de Seixos de Angame; y uno ó dos cerca del puente de Cardeso, río abajo. Consideramos á la piedra vacilante de Mugia como un fenómeno enteramente natural.

No hemos encontrado menhires, barros, cromlhechs ni otro género de monumenos célticos, á no ser los castros, en el territorio de Bergantiños; solamente sospechamos que sea un altar céltico la llamada Serpenta, que hay á la bajada de la cuesta de Gondomir, parroquia de San Adrián de Corme”.

O certo é que Eduardo Pondal coñecía moi ben a parroquia de Corcoesto, feito do que non existe dúbida algunha. Hai que lembrar que boa parte da madeira coa que se mantiña o negocio da súa familia procedía das parroquias de augas arriba do Anllóns, entre elas Corcoesto.

Ademais xa existía constancia da súa visita ao establecemento de augas mediciñais da Regueira. De feito, foi á titular deste establecemento, a quen lle adicou o seu poema “Rosa de Corcoesto”.

Pero que foi dos 46 dólmenes de Corcoesto, ubicados no monte Cudeiro? a resposta está unha vez máis no propio lugar de Cudeiro.

Queres descubrilos connosco?

Dolmen-Bouza-Cova-Cudeiro.jpg
Dolmen de Bouza Cova
Cama do Lobo ou do Mouro Corcoesto.jpg
Dolmen de Sta. Mariña (Cama do Lobo u do Mouro)
Monte-das-Pedras-de-Sta.-Mariña-do-Remuíño-Corcoesto.jpg
Monte das Pedras de Sta. Mariña do Remuíño

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s