O derradeiro casamento fidalgo de Corcoesto, o da Casa da Poza

O 10 de febreiro de 1814 casaba na igrexa parroquial de Corcoesto Benito de Lema -Luaces de Zúñiga, fillo lexítimo de Francisco de Lema -Luaces e Isabel Pérez Caamaño (defunta), natural de San Martiño de Broño, da xurisdicción da Barcala (Negreira), coa veciña da parroquia María do Carme Castro e Collazo, filla lexítima de Urbano Antonio de Castro e Collazo, avogado da Real Audiencia do Reino de Galicia e de Joaquina Vermúdez Sánchez e Montenegro (defunta).

María do Carme e a súa familia pertencían á Casa da Poza, en Corcoesto. Oficiou o casamento o cura Manuel Antonio de Soto e o noivo aportaba un certificado do cumprimento dos requisitos eclesiásticos asinado por Frei Domingo Antonio Roma da Orde de San Francisco, ecónomo de Broño.

Chama a atención o topónimo, hoxe en día perdido, da Casa da Poza. É posible que a casa tivera unha fonte, un pozo ou manancial ben no seu interior ou mesmo na eira, que dera nome á casa.

poza dentro casa.jpg
Poza de auga, pozo ou manancial ao que aludiría o microtopónimo histórico “Casa da Poza” e que podería ubicarse no que hoxe en día é o lugar Grande de Corcoesto

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s